Profesorado
Docentes da Escola da Banda de Música Popular de Tui
O noso profesorado
Coñece o profesorado da Escola da Banda de Música Popular de Tui que ofrece unha formación musical para todos os níveis
Eloy Carrera Bernárdez
Profesor de trombón, tuba e bombardino.
Eloy Carrera Bernárdez
Profesor de trombón, tuba e bombardino.
Nado en 1992 en Tui, onde comeza os seus estudos musicais aos 11 anos na Escola Municipal de Música
de Tui da man de Adolfo Besada Álvarez e Daniel Gregores. Aos 12 anos ingresa na Banda de Música
Popular de Tui, onde foi trombón solista desta agrupación.
En 2007 accede ao Conservatorio Profesional de Música de Tui para continuar a súa formación baixo a tutela do profesor Adolfo Besada Álvarez. No ano 2013 obtén o Título de Grao Profesional na especialidade de Trombón.
En 2014 comeza os estudos superiores no Conservatorio Superior de Música de Vigo cos profesores Jesús Vicente Monzó e José Pons Boils. Tres anos máis tarde, accede ao Conservatorio Profesional de Música de Tui a 4o curso na especialidade de Bombardino.
No ano 2018 obtén o Título Superior na especialidade de Trombón. Ese mesmo ano comeza a impartir clases na Escola de Música de Chapela, na Escola da Banda de Música Popular de Tui, da que é director do centro, e na Associação Musical de S. Pedro da Torre. Ao ano seguinte remata os estudos no Conservatorio Profesional de Música de Tui, obtendo o Título de Grao Profesional na especialidade de Tuba.
Colabora de forma continuada con distintas agrupacións musicais da comunidade, así como con bandas do norte de Portugal. Ademais, formou parte do grupo de metais Faíscas de Tui, do quinteto de metais Ibericbrass e de The Magicmetals, sendo fundador destes dous últimos. Colaborou tamén coa Orquestra Sinfónica Vigo 430 e coa Orquestra Clásica de Vigo. Participou en gravacións de CDs, programas radiofónicos e distintos concursos, obtendo a primeira mención de honra e un segundo premio no II e III Concurso de Música de Cámara do CSMVigo.
No ámbito educativo, realizou cursos sobre educación emocional para docentes, aplicación de ferramentas dixitais na innovación educativa, musicoterapia, e Técnica Alexander, entre outros. Tamén recibiu clases de trombonistas de renome nacional e internacional como Thomas Horch, Daniel Portas, José Pardal, Severo, Esteban Méndez, Andrea Conti, Jon Etterbeek, Rimantas Valancius, Santiago Blanco e Filipe Alves, entre outros. No campo da dirección, formouse con David Fiuza Souto, Javier Viceiro e Xoán Lois Diéguez. Tamén impartiu unha masterclass de trombón en Covilhã, Portugal.
En 2019 asumiu a dirección da Banda de Música Popular de Tui. Desde ese mesmo ano, é membro activo da Escola Galega de Dirección. No ano 2020 obtivo o Máster en Xestión Cultural na UOC e no ano seguinte completou o Máster de Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria na especialidade de Música.
Desde marzo de 2021, realiza a súa tese de doutoramento titulada “La Banda de Música Popular de Tui” na USC, baixo a dirección de Francisco Javier Garbayo Montabes. Nese mesmo mes, asumiu a dirección da Agrupación Musical de S. Pedro da Torre, en Valença. Desde este mesmo ano, é profesor de trombón na Escola/Conservatorio Profesional de Tui. Ademais, colaborou dirixindo outras agrupacións como a Banda de Música de Salvaterra do Miño e realizando substitucións en centros de educación secundaria.

Lucía Ucha Fernández
Profesora de Oboe
Lucía Ucha Fernández
Profesora de Oboe
Nace en Salceda de Caselas no ano 2002. Con 6 anos comeza a estudar música na Escola de Música de Salvaterra, tocando o piano, para un par de anos mais tarde comezar a estudar oboe. No ano 2016, realiza a proba de acceso ao Conservatorio Profesional de Música “Reveriano Soutullo”, na especialidade de oboe. No 2021, remata os mesmos, co profesor Santiago Barreira Davila. Asistiu a cursos con Roberto Baltar, David Villa, Juan Ferriol, Jennifer Fernández, Lali Álvarez ou Avelino Ferreira.
Mª Jesús López Álvarez
Profesora de saxofón
Mª Jesús López Álvarez
Profesora de saxofón
Hanau, 1989. Comeza os seus estudos no ano 2003 no Conservatorio Profesional de Música de Tui na especialidade de Saxofón. Posteriormente, no ano 2013, accede ao Conservatorio Superior de Música de Vigo, rematando os seus estudos no 2019.
É membro de diferentes agrupacións como os cuartetos “Kalamatianos” e “Kritis”, o dúo “Sachos”, a Banda de Música Popular de Tui, a charanga “Cantos Somos”, a banda de soul "Old Bridge", a brass band “Brassica Rapa” e o espectáculo teatral “Eu, Fraude”.
Xoel González González
Profesor de percusión e batucada
Xoel González González
Profesor de percusión e batucada
Xoel González inicia os seus estudos na escola de música de Guláns co mestre Suso Alonso “Feixón”. Continúa os seus estudos musicais no conservatorio de música Reveriano Soutullo de Ponteareas da man de Juan Carlos Fernández onde acada o grado profesional de percusión. No 2014 inicia os estudos superiores no conservatorio superior de música “Eduardo Martínez Torner” de Oviedo cos mestres Julio Sánchez- ndrade e Iván Gimenez. Mentres tanto tamén participará en diversas clases maxistrales con Nick Woud, Pedro Carneiro, Rubén Albiñana y Rafael Casanova entre outros. No curso 2016/17 realiza 6 meses de Erasmus no conservatorio “Lucio Campiani’ de Mantova, Italia có maestro Loris Stefanuto.
Durante a súa estancia en Oviedo forma parte da Orquesta Filarmónica de Asturias e participa coa Orquestra xuvenil de Santander e a banda de música “Ciudad de Oviedo” ademais de colaborar en varias ocasións coa orquestra “Oviedo Filarmonía” e a Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias.
Logo de rematar os seus estudos superiores realiza o máster de profesorado en Valencia mentres acude a clases de especialización na Valencia Percussion academy cos mestres Víctor Segura, Jusep Furió, Joan Soriano e Óscar Martí.
Como docente impartiu clases de música na Educación Secundaria, foi profesor no Conservatorio Profesional de Música de Ourense e profesor de batería na Escola de Música Moderna e Bellas Artes. Actualmente é profesor nas escolas de música de Porriño, Guláns, Rubiós e Tui e docente no colexio Santa Cristina de Vigo.

Paula Lago González
Profesora de iniciación músical, música e movemento e clarinete

Paula Lago González nace en Vigo no ano 1990. Comeza os seus estudos musicais aos 10 anos na Escola da Banda Unión Musical de Cabral, da man do mestre Juan Manuel Campos Paz. Un ano máis tarde comeza os seus estudos de clarinete na mesma escola con Cándido Lorenzo Vidal.
No ano 2004 comeza na Escola Municipal de Música de Vigo con Óscar Villar Prieto e Paula Castro, onde cursa 4 anos. No ano 2008 accede ao Grado Profesional no Conservatorio profesional de Vigo, onde cursa os seis anos co mestre Felipe González Agell.
Pese a estar nestes centros, non deixa a Escola da banda, e continúa paralelamente con profesores como César Posada, Mariana dos Santos, Iván Pinzás e Eduardo González, có cal segue actualmente.
No ano 2016 ingresa no Conservatorio Superior de Música de Vigo, no cal estuda a especialidade de Pedagoxía Xeral e da Linguaxe Musical, facendo un Erasmus en Lituania e rematando no ano 2021 presentando o seu TFE“Creatividade na aula de Linguaxe Musical”, tendo unha cualificación dun 9.
No curso 2022-2023 fai o Máster de Investigación Dificultades da aprendizaxe e procesos cognitivos.
Fai diferentes cursos de clarinete con mestres coma o Cuarteto Dibaseto, Carlos Gálvez Taroncher, Rosa Mª Campos Fernández, Darío Mariño Varela e Vicente Alberola; de dirección de banda con Eduardo González López e con Alfredo Sánchez Murcia; e de pedagoxía musical con xente coma Tomás Rábanos Muros, Mónica Balo González ou Violeta Hemsy de Gaínza.
Interésase no campo da atención a diversidade, fai as prácticas de Animación Sociocultural na Fundación Igualarte (centro de artes para persoas con diversidade funcional), colaborando nas súas agrupacións musicais; ademais de facer diversos cursos de Atención á Diversidade e traballar en distintos centros.
Participou coma poñente no I Simposio “Investigación musical en Galicia: situación actual e perspectivas de futuro, fixo un concerto de música de cámara no Museo MARCO, formou parte do coro no Proxecto Carmina Burana e no III Encontro dos CMUS Superiores de Galicia.
Traballou en distintas escolas de música, como a Escola Amadeus, a Escola Municipal e Música de Vigo ou a Escola de Música da Banda de Salvaterra como mestra de música e movemento, linguaxe musical, clarinete ou banda escola.
Actualmente é mestra na Banda Unión Musical de Cabral e na escola da Banda de Tui, onde imparte clases de Iniciación Musical, Música e Movemento, Linguaxe Musical e Clarinete. Ademais, é membro da banda Unión Musical de Cabral, do coro Miñoca ma non Toppo e do grupo Áureas.

Xaira García Méndez
Profesora de flauta travesera
Xaira García Méndez
Profesora de flauta travesera
Inicié mi formación musical en el año 2017 en la Escuela de Música de Ribadumia (Pontevedra), donde comencé mis estudios instrumentales bajo la orientación de las profesoras Sara Padín y Alba Moraña, quienes contribuyeron de manera significativa a mi desarrollo inicial y a la consolidación de una base técnica y expresiva sólida.
En el año 2020 accedí al Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra, donde continué mi formación académica en el ámbito profesional. Durante esta etapa, tuve la oportunidad de formarme con docentes como Paula Expósito y, posteriormente, con Fran Seoane, completando mis estudios en el año 2025.
Ese mismo año ingresé en el Conservatorio Superior de Música de Vigo, donde actualmente curso el primer año del Grado Superior en la especialidad de Interpretación, bajo la dirección del profesor Fernando Raña. Esta etapa marca una fase de profundización en mi desarrollo musical, orientada al perfeccionamiento técnico, la madurez interpretativa y la comprensión integral del repertorio.
Paralelamente a mi formación reglada, he complementado mis estudios mediante la participación en cursos de perfeccionamiento y clases magistrales impartidos por profesores de reconocido prestigio, entre ellos André Cebrián, María José Ortuño, César Cuncheiro, Bernabé Simes, Silvia Rozas y Adrián Silva. Estas experiencias han enriquecido mi visión artística y ampliado mi conocimiento de diversas escuelas y enfoques interpretativos.
Además, formo parte de la Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia desde el año 2020 y de la Xoven Orquestra Sinfónica de Pontevedra desde 2025, experiencias que me han permitido desarrollar competencias en el ámbito de la interpretación orquestal, así como una sólida capacidad de trabajo en conjunto y adaptación a distintos contextos musicales.

Manuel Madarnás Pérez
Profesor de trompeta e trompa.
Manuel Madarnás Pérez
Profesor de trompeta e trompa.
Manuel Madarnás (Tui, 1997) comeza os seus estudos musicais con 7 anos da man de Adolfo Besada na Banda de Música Popular de Tui. Máis tarde, prosegue a súa aprendizaxe con José Vicente Simeó e completa a súa formación no Conservatorio Profesional de Música de Tui e no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde finalizaría os seus estudos cunha cualificación de sobresaliente.
Ao mesmo tempo, este trompetista foi compaxinando os seus estudos co seu labor como solista: gravacións discográficas de música clásica (In Crescendo e Romantic Trumpet), presentacións en programas radiofónicos (Radio Galega, Cadena Ser, Radio Municipal de Tui...) e televisivos (Televisión de Galicia e Alto Minho TV) e a obtención de numerosos premios e recoñecementos en concursos e festivais por toda a península ibérica e Francia (Intercentros Melómano, Rubén Simeó, Sociedad de Conciertos de Alicante, International Eurochestries...). Ademais, tamén participou en agrupacións de renome (Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Film Symphony Orchestra...) e colaborou con artistas como Fran Rivero ou Rubén Simeó.
Recentemente, Manuel Madarnás obtivo a súa titulación de máster no Centro Superior de Música do País Vasco (Musikene), da man do recoñecido trompetista Luis González, ademais de colaborar como trompetista na Orquestra Player’s. Por último, cabe destacar que Manuel Madarnás asistiu a cursos de perfeccionamento con trompetistas como Arturo Sandoval, Yturvides Vílchez ou Adam Rapa, entre outros.

* Pulsa no nome para ver o CV
Aprende o teu instrumento favorito
No noso centro, ofrecemos clases para unha gran variedade de instrumentos.
Xa sexa que te interese a flauta, o clarinete ou incluso o contrabaixo, temos opcións para todos os gustos.