Novas
Un blog para manterte ao día coas novas da escola e da banda
A Escola da Banda de Música Popular de Tui organiza unha semana de xornadas de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer, de primeira man, os instrumentos de vento e percusión, así como o funcionamento das súas clases.
As xornadas desenvolveranse do luns 25 ao sábado 30 de maio nas instalacións da escola, situadas no número 30 da Gándara, en Guillarei, ao carón do CEIP de Guillarei.
Ao longo da semana, o profesorado ofrecerá demostracións dos distintos instrumentos e explicará o contido e a dinámica das diferentes disciplinas impartidas: iniciación musical (a partir dos 3 anos), música e movemento (desde os 5 anos), batucada, linguaxe musical e banda xuvenil. Trátase dunha proposta aberta tanto a nenos e nenas como a persoas adultas interesadas en iniciarse na aprendizaxe musical.
II Festival de Bandas Infantís e Xuvenís
O domingo 8 de marzo ás 12:00 horas celebrarase no Paseo da Corredoira (Tui) o II Festival de Bandas Infantís e Xuvenís.
Neste encontro participarán a Banda Infantil Ateneo Musical de Bembrive, a Banda Xuvenil Ateneo Musical de Bembrive e a Banda Xuvenil de Tui, ofrecendo un concerto conxunto no que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do curso.
Este festival nace coa finalidade de fomentar a formación musical desde idades temperás, fortalecer os lazos entre agrupacións e ofrecer á cidadanía un espazo para gozar da música en directo.
En caso de condicións meteorolóxicas adversas, o concerto trasladarase ao Edificio Multiusos da Rúa Camilo José Cela.
Campamento de Nadal 2024 na Escola da Banda de Música Popular de Tui
Xa están abertas as inscricións para o noso Campamento de Nadal, dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos. Este ano celebrarase os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro, en horario de 9:00 a 14:00 h, na Escola da Banda de Música Popular de Tui (Guillarei).
O campamento inclúe:
Manualidades
Pintura
Música
Xogos
Baile
Un espazo seguro e divertido para aprender, crear e compartir durante as vacacións.
Prezo: 20 €
🎶 Verbena Sinfónica – Santa Icía 2025
A Banda de Música Popular de Tui celebra a festividade de Santa Icía, patroa das e dos músicos, cun concerto moi especial: Verbena Sinfónica.
Un espectáculo no que se poderá escoitar música moi coñecida no mundo da verbena, onde o público asistente poderá bailar, xa que haberá un espazo destinado para os bailadores.
📅 Data: 22 de novembro de 2025
🕕 Hora: 18:00 h
📍 Lugar: Edificio Multiusos de Tui (Rúa Camilo José Cela)
🎤 Artistas convidados:
Banda de Música Popular de Tui
Antonio Barros, cantante
💡 Entrada solidaria: 1 kg de alimentos non perecedoiros a favor de SOS Tomiño Baixo Miño.
Non perdas esta cita tan especial, onde a música sinfónica se mestura coa festa e coa tradición para celebrar Santa Icía.
Andaina Musical polo Camiño de Santiago – 26 de outubro de 2025
Únete a nós para unha xornada única que combina natureza, cultura e música! O vindeiro domingo 26 de outubro de 2025, a Banda de Música Popular de Tui organiza unha andaina musical de 4,4 km polo Camiño de Santiago.
Durante o percorrido, os participantes poderán gozar de actuacións musicais ao vivo, que amenizarán o camiño e farán desta experiencia algo moi especial.
🕚 Hora de saída: 11:00
📍 Punto de encontro: Centro Interfederado de Tui
📅 Inscricións abertas ata o 23 de outubro
O próximo venres 18 de outubro ás 18:00 h, teremos o pracer de recibir na nosa escola ao cuarteto de saxos KRITIS, unha agrupación que destaca pola súa calidade musical, enerxía e conexión co público.
O concerto celebrarase na nosa sede de A Gándara 30, Guillarei, e forma parte das actividades promovidas a través do programa Iniciativa Xove, coa colaboración da Xunta de Galicia e a Comunidade de Montes de Guillarei e a propia Escola da Banda de Música Popular de Tui.
Será unha oportunidade única para achegarse á música de cámara da man de catro músicos excepcionais. A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo.
🎷 Non o perdas!
📍 Data: 18 de outubro
🕕 Hora: 18:00 h
📌 Lugar: Escola da Banda de Música Popular de Tui — A Gándara 30, Guillarei
🎶✨ Novo Curso de Musicoterapia en Tui ✨🎶
🗓 Todos os martes de 10:30 a 13:00 h
📍 A Gándara 30, Guillarei
🔹 Inicio: 9 de setembro
🔹 Remata: 9 de decembro
💶 Prezo do curso: 7 €
👉 A música é unha ferramenta poderosa para mellorar o benestar físico, emocional e social. Anímate a participar!
📲 Máis info e inscricións: 886 29 28 51 (WhatsApp)
🌐 www.bandademusicapopulardetui.com
Organiza: Escola da Banda de Música Popular de Tui
Colabora: Deputación de Pontevedra.
A Escola da Banda de Música Popular de Tui abre o prazo de matrícula para o curso 2025–2026
A Escola da Banda de Música Popular de Tui anuncia a apertura do período de matrícula para o curso 2025–2026, dirixida a alumnado a partir dos 3 anos e tamén a persoas adultas interesadas en iniciarse ou continuar a súa formación musical.
O centro, autorizado pola Xunta de Galicia, conta cun banco de instrumentos en réxime de aluguer e ofrece unha ampla variedade de especialidades instrumentais, adaptadas a diferentes idades e niveis:
Vento Madeira: oboe, frauta travesa, fagot, clarinete e saxo.
Vento Metal: trombón, trompeta, trompa, bombardino e tuba.
Corda: violonchelo e contrabaixo.
Percusión: batería, instrumentos de láminas e batucada.
A Escola aposta por unha educación musical accesible e inclusiva, favorecendo a participación de toda a comunidade e fomentando o acceso á práctica instrumental dende idades temperás.
As persoas interesadas poden solicitar máis información a través do teléfono 886 29 28 51, o correo electrónico escola.bmptui@gmail.com ou realizar directamente a inscrición na páxina web oficial: www.bandademusicapopulardetui.
II CONCURSO CARTEL ANUNCIADOR DO XXX FESTIVAL DE BANDAS DE TUI
Bases:
https://drive.google.com/file/d/1C1bkqv8yyEDHTDwsR5zwvw9u8jHyVDk0/view?usp=sharing
Galego:
Os traballos que se presenten ao concurso deberán enviarse a través da seguinte ligazón:
Castelán:
Los trabajos que se presenten al concurso deberán enviarse a través del siguiente enlace:
XORNADA DE PORTAS ABERTAS!
Queres que os máis pequenos descubran a maxia da música nun entorno único e con profesorado apaixonado?
Achégate á nosa escola da Banda de Música Popular de Tui e coñece todo o que temos preparado para ti!
Do 2 ao 7 de xuño
A partir dos 3 anos
Pide a túa cita previa no 886 29 28 51 (tamén por WhatsApp)
Agardámoste en: A Gándara 30, Guillarei – Tui
CAMPAMENTO DE VERÁN 2025
Un campamento cheo de diversión! Faremos xogos, actividades musicais, manualidades, obradoiros creativos e aventuras ao aire libre. Un espazo para facer amizades, aprender e pasalo en grande nun ambiente seguro.
Desenvolverase nas instalacións da Escola da Banda de Música Popular de Tui, situada en Guillarei. O edificio dispón de varias salas acondicionadas para acoller a todos os nenos e nenas, así como dun parque no mesmo recinto.
Do 23 de Xuño ao 31 de Agosto de 2025, con posibilidade de matriculación por dias soltos, quincenas, por mes ou por todo a duración do campamento.
De luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00.
Destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos.
Aberto o prazo do 1 de Maio ao 13 de Xuño.
*mínimo 10 nenos/as
Únete á nosa familia musical e forma parte dunha tradición inesquecible!
Se compartes a nosa paixón pola música, tanto na Banda Popular como na Xuvenil, estamos encantados de recibir novos membros. Non importa o teu nivel, temos un lugar para ti.