Banda de Música Popular de Tui
É unha das agrupacións musicais máis emblemáticas da nosa rexión
Fundada hai décadas, conta cunha longa traxectoria de difusión e promoción da música en Galicia
Promoción da cultura musical
Accesibilidade para todos os públicos
Desenvolvemento artístico continuo





A nosa historia
A data máis fiable sobre a fundación da Banda de Música Popular de Tui é o 5 de febreiro de 1881. Nun primeiro momento, estaba composta por 31 músicos e o seu primeiro director foi D. Severino Castillo, quen sería substituído posteriormente por D. Crisanto Castillo.
Desde entón, a banda actuou sen interrupcións ata o ano 1936, cando cesou a súa actividade como consecuencia da Guerra Civil Española. En 1942 reapareceu, e finalmente, en 1980 consolidouse definitivamente coa creación dunha Escola de Música. Dende esta escola impulsouse tamén a creación do Conservatorio que hoxe en día existe en Tui.
Ao longo da súa historia, a banda estivo dirixida por recoñecidos mestres como Temes, Groba, Vicente Simeó e Adolfo Besada, entre outros. Ademais, formáronse nela músicos destacados que hoxe percorren o mundo tocando en orquestras clásicas e populares, bandas ou impartindo clases como profesores superiores.
A Banda de Música Popular de Tui realizou actuacións en toda Galicia e noutras comunidades, como Pozuelo de Alarcón, San Martín de Valdeiglesias, Alcorcón e o Distrito de Moncloa (Comunidade de Madrid); Xeraco, Bellreguard, Almoines e Coves de Vinromá (Comunidade Valenciana); Avilés (Asturias); Jumilla (Murcia) e Málaga. A nivel internacional, destacou polas súas actuacións en Buenos Aires (Arxentina) e en cidades portuguesas como Águeda, Coimbra e Torres Vedras.
Ademais, participou en numerosos certames de bandas, acadando un 3º Premio no XVI Certame Galelgo e o 2º Accésit no XI Certamen Nacional de Banda de Música “Ciudad de Málaga”. Ademais, colaborou no irmandamento de coros entre España e Portugal.
A banda tamén acadou presenza nos medios de comunicación televisivos, colaborando en programas como “Galicia Enteira”, “Un país na mochila”, “Galicia no mundo” ou “Luar”, entre outros.
O 31 de outubro de 2006, a Banda de Música Popular de Tui foi distinguida cunha Mención Honorífica Especial polos méritos contraídos ao longo da súa historia e pola súa representación da cidade de Tui.
Dende 2022, a agrupación conta con instalacións propias e creou unha nova Escola de Música, que actualmente conta con máis 50 alumnos. En 2023, fundouse a Banda Xuvenil.
Na actualidade, a Banda de Música Popular de Tui está dirixida por Eloy Carrera Bernárdez.













Únete á nosa familia musical e forma parte dunha tradición inesquecible!
Se compartes a nosa paixón pola música, tanto na Banda Popular como na Xuvenil, estamos encantados de recibir novos membros. Non importa o teu nivel, temos un lugar para ti.