Director da Banda de Música

Director da Banda de Música Popular de Tui e da Banda Xuvenil de Tui

Eloy Carrera Bernárdez

Nado en Tui en 1992, iniciou a súa formación musical aos 11 anos na Escola Municipal de Música de Tui, da man de Adolfo Besada Álvarez e Daniel Gregores. Aos 12 anos incorporouse á Banda de Música Popular de Tui, onde destacou como trombón solista.

En 2007 ingresou no Conservatorio Profesional de Música de Tui, onde obtivo en 2013 o Título Profesional na especialidade de Trombón. Ao mesmo tempo, cursou estudos de Técnico en Xestión Administrativa e Técnico en Instalacións de Telecomunicacións.

Tras rematar a formación profesional, accedeu ao Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde estudou cos profesores Jesús Vicente Monzó e José Pons Boils. Ademais, ampliou a súa formación na especialidade de Tuba no Conservatorio de Tui.

Co obxectivo de complementar os seus estudos, realizou un Máster en Xestión Cultural na UOC e, posteriormente, o Máster en Educación Secundaria Obrigatoria na especialidade de Música. Tamén é membro activo da Escola Galega de Dirección de Orquestra.

Impartiu clases na Escola de Música de Chapela, e na actualidade, na Escola da Banda de Música Popular de Tui, onde tamén exerce como director. Ademais, é director da Banda de Música Popular de Tui e da Asociación Musical de S. Pedro da Torre, onde tamén ensina na súa escola. De xeito ocasional, realiza substitucións en centros de educación secundaria, como o Divino Maestro de Ourense.

Únete á nosa familia musical e forma parte dunha tradición inesquecible!

Se compartes a nosa paixón pola música, tanto na Banda Popular como na Xuvenil, estamos encantados de recibir novos membros. Non importa o teu nivel, temos un lugar para ti.

Scroll al inicio