Banda Xuvenil de Tui
A Banda Xuvenil está composta por nenos e nenas que están dando os seus primeiros pasos no mundo da música.
A Banda Xuvenil
É unha das agrupacións musicais máis emblemáticas da nosa rexión
Fundada hai décadas, conta cunha longa traxectoria de difusión e promoción da música en Galicia e máis alá
Clases teóricas
Coñecemento da teoría musical e desenvolvemento da educación auditiva.
Clases instrumentais
Clases grupais
Formación musical dentro dun grupo, aprendendo o traballo en equipo.






A nosa historia
A traxectoria da Banda Xuvenil comeza a finais de marzo de 2023 coa iniciativa de Eloy Carrera Bernárdez. Tras un período de captación de membros para a agrupación, comezaron os ensaios, nos que se foron incorporando progresivamente máis músicos, procedentes tanto da propia escola da agrupación como da Escola Municipal da cidade.
A súa presentación tivo lugar o 23 de decembro de 2023 no Concerto de Nadal celebrado no Centro Cultural de Guillarei (Tui). Logo desta estrea, realizou o seu primeiro concerto nas Festas de San Telmo.
Dende a súa estrea, participa de maneira continua nas Festas de San Telmo, así como, dende o ano 2024, no Congreso de Educación de EducODS de Tui, con distintos espectáculos. Dende o seu inicio, actuou en diversas parroquias de Tui e O Porriño, e este ano participará no IX Festival de Bandas de Música Infantís e Xuvenís en Santiago de Compostela.
Actualmente, a banda está formada por 25 músicos de todas as idades. O seu director é Eloy Carrera Bernárdez
A Banda de Música Popular de Tui realizou actuacións en toda Galicia e noutras comunidades, como Pozuelo de Alarcón, San Martín de Valdeiglesias, Alcorcón e o Distrito de Moncloa (Comunidade de Madrid); Xeraco, Bellreguard, Almoines e Coves de Vinromá (Comunidade Valenciana); Avilés (Asturias); Jumilla (Murcia) e Málaga.
A nivel internacional, destacou polas súas actuacións en Buenos Aires (Arxentina) e en cidades portuguesas como Águeda, Coimbra e Torres Vedras.
Únete á nosa familia musical e forma parte dunha tradición inesquecible!
Se compartes a nosa paixón pola música, tanto na Banda Popular como na Xuvenil, estamos encantados de recibir novos membros. Non importa o teu nivel, temos un lugar para ti.