Blog

Un blog para manterte ao día coas novas da escola e da banda

A Escola da Banda de Música Popular de Tui abre o prazo de matrícula para o curso 2025–2026

A Escola da Banda de Música Popular de Tui anuncia a apertura do período de matrícula para o curso 2025–2026, dirixida a alumnado a partir dos 3 anos e tamén a persoas adultas interesadas en iniciarse ou continuar a súa formación musical.

O centro, autorizado pola Xunta de Galicia, conta cun banco de instrumentos en réxime de aluguer e ofrece unha ampla variedade de especialidades instrumentais, adaptadas a diferentes idades e niveis:

  • Vento Madeira: oboe, frauta travesa, fagot, clarinete e saxo.

  • Vento Metal: trombón, trompeta, trompa, bombardino e tuba.

  • Corda: violonchelo e contrabaixo.

  • Percusión: batería, instrumentos de láminas e batucada.

A Escola aposta por unha educación musical accesible e inclusiva, favorecendo a participación de toda a comunidade e fomentando o acceso á práctica instrumental dende idades temperás.

As persoas interesadas poden solicitar máis información a través do teléfono 886 29 28 51, o correo electrónico escola.bmptui@gmail.com ou realizar directamente a inscrición na páxina web oficial: www.bandademusicapopulardetui.com.

II CONCURSO CARTEL ANUNCIADOR DO XXX FESTIVAL DE BANDAS DE TUI

Bases:

https://drive.google.com/file/d/1C1bkqv8yyEDHTDwsR5zwvw9u8jHyVDk0/view?usp=sharing

Galego:
Os traballos que se presenten ao concurso deberán enviarse a través da seguinte ligazón:

Castelán:
Los trabajos que se presenten al concurso deberán enviarse a través del siguiente enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSePsW-yYHam-4uXyrz9QnyLI_Ts8uKiEdY2FKm2Xzo2SoyyXg/viewform?usp=sharing&ouid=108198963721892308503

 

🎶 XORNADA DE PORTAS ABERTAS! 🎶

Queres que os máis pequenos descubran a maxia da música nun entorno único e con profesorado apaixonado?

📍 Achégate á nosa escola da Banda de Música Popular de Tui e coñece todo o que temos preparado para ti!

🗓 Do 2 ao 7 de xuño

👧 A partir dos 3 anos

📲 Pide a túa cita previa no 886 29 28 51 (tamén por WhatsApp)

🌟 Agardámoste en: A Gándara 30, Guillarei – Tui

 

CAMPAMENTO DE VERÁN 2025

Un campamento cheo de diversión! Faremos xogos, actividades musicais, manualidades, obradoiros creativos e aventuras ao aire libre. Un espazo para facer amizades, aprender e pasalo en grande nun ambiente seguro. 

Desenvolverase nas instalacións da Escola da Banda de Música Popular de Tui, situada en Guillarei. O edificio dispón de varias salas acondicionadas para acoller a todos os nenos e nenas, así como dun parque no mesmo recinto.

Do 23 de Xuño ao 31 de Agosto de 2025, con posibilidade de matriculación por dias soltos, quincenas, por mes ou por todo a duración do campamento.

De luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00.

Destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos.

Aberto o prazo do 1 de Maio ao 13 de Xuño.

*mínimo 10 nenos/as

Por favor, activa JavaScript en tu navegador para completar este formulario.
Nome e Apelidos do/a neno/a
Nome e apelidos do tutor/a
Modalidades do campamento
Calquera outra convinación, consultar coa organización.
Unha vez recibida a inscrición no campamento, a organización porase en contacto para indicar as instrucións para o pagamento do campamento.
Únete á nosa familia musical e forma parte dunha tradición inesquecible!

Se compartes a nosa paixón pola música, tanto na Banda Popular como na Xuvenil, estamos encantados de recibir novos membros. Non importa o teu nivel, temos un lugar para ti.

Scroll al inicio